A tele xa agarda por nós!

A tele xa agarda por nós!

Sen tempo para esquecer os aplausos do público de Vigo avísannos na tele de que o 12 de xullo estreamos! Durante todos os xoves deste verán acompañarémosvos non só nos teatros, tamén na pantalla das vosas casas. Avisade aos amigos, aos veciños, aos compañeiros de traballo... Malo será que non queiran vernos...

Botámonos ao teatro en Vigo!

Botámonos ao teatro en Vigo!

Cando xuño conte os seus últimos días chegaremos ao teatro, sixilosos, un grupo de sete actores, escoltados por guionistas, cámaras, realizadores, iluminadores, técnicos de son, decoradores... E entraremos nun dos lugares máis fermosos de Galicia para aqueles que sobre as táboas teñen por oficio divertir ao público que ocupa as butacas. No Teatro Afundación de Vigo nacerá Malo será!